|
|
 Menú:
Inicio Galiza
Navidad
Diseño Web
A Queimada
O Conxuro
Dinero Web
Visitas Web
CONCELLOS:
Coruña
Lugo
Orense
Pontevedra
Noticias y Tv
Todo Gifs
Faros Gallegos:
QUE SON
Coruña la
Pontevedra
Lugo
Rapa das Bestas:
Rapa das Bestas
Seguridad:
Alertvir
Los paisajes gallegos son un gran abanico de colores, predominando el azul de los mares y el verde de los valles y montañas. Son los gallegos, de caracter amable, reservados... "e a galiza, unha terra de froitos, meigas e conxuros"
Las Rias Bajas, las Rias Altas, "A costa da morte" costa de naufragios y olas inmensas, mar de percebes, marisco y peligros. Costas con encanto, playas de arena intrminables. "Illas de Deuses" las Cies...
|
|
 |
 |
|
Calendario y lugares da "rapa das bestas" en Galicia
FOTOS DE CURROS E RAPAS DE GALICIA
- +
Un rito ancestral que perdura a través dos tempos
En 1567 unha grande peste devastou a provincia de Pontevedra. Buscando protección contra a cruel enfermidade, dúas irmáns ofrecen dous cabalos da súa propiedade a San Lourenzo a cambio de auxilio. Unha vez pasado o perigo, as dúas mulleres cumpren a súa promesa e entregan os animais ao párroco da aldea. Esta parella de cabalos foise multiplicando polos montes pontevedreses ate que foi usual a presenza de cabalos en liberdade. Nacera a raza Cabalo Galego e a súa crianza trouxo a estas terras grandes beneficios económicos e tradicións aínda hoxe vivas.


O Cabalo Galego vive en semiliberdade nos montes galegos. Unha vez ao ano as reses deben ser trasladadas aos “curros” (grandes corrais circulares) para, antes de proceder á súa venda, hixienizalos (cortándolles as crins) e marcar aos poldros co ferro da súa gandería. Tras este proceso, coñecido como “rapa das bestas”, parte do gando era vendido para a produción de carne ou as tarefas agrícolas e o resto voltaba aos montes.
Coa chegada do mes de xuño comezan en Pontevedra as celebracións dos agardados curros, unha labor agropecuaria convertida hoxe nunha festa que cada ano atrae a un maior número de persoas a Galicia, chegados de calquera recuncho do globo. A “ruta dos curros” comeza o primeiro domingo de xuño en Torroña, Oia, unha parroquia de pouco máis de cen habitantes que a pesar do seu pequeno censo posúe un enorme atractivo para o visitante. A súa característica máis sobresaínte é o lugar onde se celebra a rapa, presidido a serra da Groba, a 600 metros de altitude sobre o nivel do mar.
Sen deixar o concello de Oia, coñecido sobre todo polo fermosísimo mosteiro de Santa María, elevado sobre un acantilado no mesmo mar, a segunda fin de semana de xuño celébrase o curro de Mougás. Os cabalos de Mougás proceden das ladeiras da serra da Groba e dise que xa no século XIII os monxes de Oia practicaban a cría de cabalos en liberdade, cabalos robustos e fortes que constituirían unha das razas equinas máis antigas da península.
O día 19 de xuño a cita coa rapa é en Morgadáns. Ao igual que no caso de Torroña, é destacable o enclave xeográfico no que se atopa o curro, ao pé do Monte Galiñeiro, na confluencia dos concellos do Porriño, Vigo e Gondomar. Nas ladeiras do Monte Galiñeiro é habitual atoparse con manadas de cabalos pastando entre os restos de monumentos funerarios ou “mámoas”. Un espectáculo digno de gozar que acada o seu máximo esplendor durante as rapas.
Pero tal vez a rapa máis vistosa da provincia de Pontevedra sexa a de Sabucedo, na Estrada, a comezos do mes de xullo. O corral no que se encerra e marca aos cabalos é un fermoso recinto de pedra situado ao carón da igrexa parroquial. Durante tres días procédese ao marcado dos cabalos e eguas. As persoas que coa súa forza física, e baixo a protección do seu patrón, San Lourenzo, intentan doblegar aos cabalos son os “agarradores” ou “aloitadores”.
O forcexeo desmesurado que se produce forma parte da atracción, unha atracción que foi declarada de Interese Turístico. Os veciños de Sabucedo organízanse para conseguir unha maior vistosidade e por iso é frecuente atopar grupos de persoas formando cuadrillas. Os chamados “garañóns”, os machos guías da manada, enfróntanse entre si para deixar claro quen ten o mando no grupo. A todo este espectáculo únense as actuacións lúdicas de carácter folclórico que acompañan ás festas de Sabucedo.
Ademais instálanse no pobo distintos postos nos que tomar polbo á feira ou calquera outra especialidade galega. A rapa das bestas é hoxe unha festa única, definitoria do xeito de vida e da tradición nos montes de Galicia. Unha festa para coñecer de verdade as raíces dun anaco de terra distinto e ate hai pouco distante.
|
|
 |
 |
|
|
|
Galicia, Agaliza.info puentes de verde y mar, una senda hacia el paraiso.Rias Baixas, Rias Altas, Cies, Ons, A Coruña, a costa da morte, Santiago, Vigo, todo Galicia, "xuntos,fagamos a galiza..."
Ourense, Lugo, Cortegada, Brión, Cuntis, as catedrales, costas, mares, montes, valles, costumes galegas, romarias, fiestas populares, os curros, os maios, a rapa, samil, Ferrol,O Xantar, o pulpo, cabaloos salvajes, playas y sombras, Cangas, Moaña, playas naturistas....
|
| |